Thursday 02 de May de 2024

Bronce para Tania Gándara no Campionato de España Sénior de Taekwondo


A ordense Tania Gándara Suárez acadou esta fin de semana en San Sebastián de los Reyes (Madrid) a medalla de bronce do Campionato de España Sénior de Taekwondo. Unha cita na que o cadro técnico da selección busca definir o equipo que representará a España no próximo campionato mundial que se disputará en Corea. Gándara, integrante do Club Boudsport, asistiu á dita proba convocada pola selección galega.